Buscar/Hemeroteca

Cargando...

miércoles, 23 de mayo de 2012

A festa do pulpo do Carballiño promocionase en 1,5 millóns de botellas de viño


Presentación da colaboración entre
O Carballiño e Pazo Ribeiro
Pazo Ribeiro promocionará nas súas botellas da colleita de 2011 a tradicional Festa do Pulpo do Carballiño. En total, serán un millón e medio de botellas que espallarán o nome desta tradicional celebración.

Igualmente, tamén se promocionará en caixas con tres ou seis botellas, que irán serigrafiadas con anagramas da Festa do Pulpo e do seu 50 aniversario e incluirán unha receta de polbo á feira e un prato tradicional de madeira. A promoción complétase con outras 30.000 fichas que falan da tradición do polbo na vila do Carballiño e con sorteos de entradas en grandes superficies e supermercados para a comida no recinto da festa, que será o segundo domingo de agosto.