Ferrol celebra o San Xiao

O Concello de Ferrol decidiu apostar pola Festa de San Xiao e relanzala. Para elo, conformou un programa musical que inclúe dous concertos de balde e que terán lugar no Cantón de Molíns. Este venres actuará o ex lider de Duncan Dhu, Mikel Erentxun, mentres que o sábado tocaralle o turno aos malagueños Danza Invisible. Ambos concertos comezarán ás 22.00 horas.

Pero ademais, na mesma xornada do 7 de xaneiro, haberá a tradicional degustación de arroz con leite. Repartiranse máis de 4.500 racións desta típica sobremesa ferrolá de xeito gratuíto. A degustación será a partir das 18.00 horas.

O día de San Xiao, ademais da celebración popular, terá lugar no Teatro Jofre a cerimonia institucional de entrega das distincións de Ferrolán do Ano e das Insignias de Ouro da cidade. O actor Javier González (coñecido pola súa participación en Águila Roja) e o Colexio Tirso de Molina compartirán o título de Ferrolán do Ano.