O Consello da Xunta autorizou a sinatura dun convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo, a Deputación de Pontevedra, o Arcebispado de Santiago e o Concello de Meis para a restauración da igrexa do Mosteiro de Armenteira. O importe do convenio é de 388.562 euros, dos que a maior parte (350.000) corresponden ao departamento autonómico.O mosteiro cisterciense de Santa María de Armenteira é un dos monumentos máis significativos da provincia de Pontevedra e constitúe o edificio máis representativo do románico galego. Nestes intres, o estado de conservación da igrexa fai necesaria unha intervención inmediata, que lle evite unha perda irreparable ao patrimonio cultural galego.