A Concellaría de Patrimonio histórico organiza esta fin de semana unha xornadas de portas abertas do Centro de Interpretación das Torres Arcebispais con motivo do seu primeiro aniversario.
O obxectivo é que as entidades sociais e a cidadanía en xeral poidan visitar, con acceso gratuíto, este equipamento cultural integrado na rede de espazos arqueolóxicos do Centro Histórico de Pontevedra. Tamén pretende dar a coñecer as estruturas construtivas da fortaleza, facendo un achegamento audiovisual á historia da cidade de Pontevedra dende a época romana ata os tempos modernos.
Xa existen visitas concertadas tanto na xornada de mañá (o horario de mañá reduciuse porque o CITA acolle un desfile de Culturgal) como para o sábado e o domingo, pero as persoas que o desexen aínda poden solicitar praza.
As persoas interesadas poderán inscribirse nas visitas guiadas no CITA en horario de apertura ao público (de 10 a 14, e de 16 a 19 horas) ou chamando ao teléfono 986 090677.