VI CAMPIONATO GALEGO DE XEFES DE SALA-MAITRES

VI CAMPIONATO  GALEGO DE  XEFES DE SALA-MAITRES

PROBA CLASIFICATORIA PARA O CAMPEONATO DE ESPAÑA DE JEFES DE SALA-MAÎTRES


CONVOCATORIA:

Artigo 1. UBICACIÓN


O VI Campionato de Galicia de Xefes de Sala-Maîtres se celebrará no IES VILAMARIN, en Ourense o 12 de Xaneiro de 2012.

Artigo 2. COMITÉ ORGANIZADOR

O evento estará organizado polo Seminario Para a Formación e Promoción da Hostelería Galega e Turismo, baixo a convocatoria de AMAIGA (Asociación Galega de Maitres e Técnicos en Hostelería) a  colaboración do IES VILAMARIN e o apoio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Galicia.

Esta proba ten consideración de SEMIFINAL CLASIFICATORIA en Galicia, de maneira que e Autónoma, o gañador representará a esta Comunidade Autónoma no III (2º época) Campeonato de España de Jefes de Sala-Maîtres, que se celebrará os próximos 6 e 7 de Marzo 2012, no marco do XXVI Salón Internacional do Club de Gourmets na Feria de Madrid

Secretaría:

SEMINARIO PARA A FORMACIÓN E PROMOCIÓN DA HOSTELERÍA GALEGA E TURISMO
C/ Marqués de Riestra 34, 5C   36001  Pontevedra
TELÉFONO: 666 878 898
e-mail: comunicacion@grupohgt.com

Artigo 3. PARTICIPANTES E INSCRIPCIÓN

Este VI Campionato de Galicia de Xefes de Sala-Maîtres, que se celebrará o próximo 12 de Xaneiro de 2012, está aberto a aqueles profesionais que desenvolvan o seu traballo nun restaurante ou hotel dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os graduados de escolas de hostalería nados en Galicia, agás os docentes dos centros de formación das especialidades de hostalería, públicos ou privados.

A idade dos participantes deberá estar comprendida entre os 18 e os 45 anos.

3.1  A preselección dos concursantes se realizará a través dun Xurado avaliador comprendido polo titular de Amaiga e polo director do certame (ou xestor en quen delegue) actuando como escritora de actas a responsable da empresa organizadora.

INSCRICIÓNS: os concursantes enviarán á organización (Fax: 986 84 74 70 ou e-mail comunicacion@grupohg.com), antes do XX de xaneiro,  a ficha de inscrición adxunta cos datos persoais,  curriculum vitae e fotografía recente para poder rexistrar a candidatura.

3.2 As decisións do Xurado son inapelables. Tamén pode afectar o incumprimento dos prazos de entrega da documentación solicitada pola Secretaría Técnica

Artigo 4.  BASES CAMPIONATO

Establécense ó respecto as seguintes Bases:
4.1 A orde de actuación será establecida por riguroso sorteo que levará a cabo O Comité Organizador en presenza dos participantes. Este sorteo terá lugar na xornada do XX de Xaneiro de 2012. Previamente a Secretaría Técnica terá unha reunión con todos os participantes para informarlles sobre as normas e atender as súas dubidas.

4.2 Os participantes deberán presentarse para dita reunión e sorteo, no IES VILAMARIN  (Vilamarín, Ourense)  as 10.30h do 12 de Xaneiro de 2012. Nesta data, é imprescindible a presenza dos participantes coa vestimenta profesional que se corresponde coa do xefe de Sala (aportada por cada un deles)

4.3 O VI Campionato Galego de Xefes de Sala-Maîtres constará dun mínimo de 6 de un máximo de 10 probas na Fase Final, entre as indicadas no artigo 5. Para levar a cabo estas probas a Organización proverá os materiais necesarios para o montaxe e a infraestrutura para o desenvolvemento das probas.

Artigo 5.  PROBAS

O VI Campionato Galego de Xefes de Sala-Maitres constará de dúas fases. Unha Fase Previa, eliminatoria, cunha única proba escrita de coñecemento e unha Fase Final con dez probas de oficio puntuables cada unha das cales. Terá un tempo máximo de realización, se se sobrepasase o tempo dado en cada unha delas, haberá unha penalización a efectos de puntuación.

5.1. A FASE PREVIA consistirá nun Cuestionario de 20 preguntas sobre temas relacionados coa profesión, incluída unha proba de tradución dun texto breve do inglés ao español ou galego.
                  
5.2 Probas da FASE FINAL:

         5.2.1. Identificación de queixos a través da vista e o olfato

5.2.2 Tiraxe e servizo dunha caña de cervexa. Esta proba consistirá en tirada e servizo de 3 cañas e/ou servizo de dous terzos de cervexa
        
         5.2.3. Montaxe da mesa. Esta proba consistirá en montar unha mesa para un mínimo de 2 comensais. Dita proba será de libre execución e cada participante aportará un elemento decorativo.

Cada participante disporá dos seguintes elementos:

- Mesa                         - Vaixela
- Mantelería                 - Cristalería
- Cubertería                 - Gueridón
                           

         5.2.4. Corte e presentación dunha ración de xamón. Esta proba consistirá en cortar e empratar un máximo de dúas racións da parte da babilla e/ou da Maza.

O participante deberá aportar os utensilios necesarios para la realización desta proba.
                  
         5.2.5 Atención dunha reclamación por parte dun cliente insatisfeito. Nesta proba se valorará a intervención do participante, tendo en conta a espontaneidade, psicoloxía do trato, resolución de queixas, xestión de equipos, recibimento e despedida. Tamén se terá en conta a hixiene, orde no posto de traballo, e a indumentaria, que será de libre elección propia dun Xefe de Sala.
                  
         5.2.6 Flambeado. Nesta proba os participantes elaborarán unha “Banana flambé”
                  
         5.2.7 Preparación e servizo dun cóctel ou copa, que indicará o Xurado no momento da proba 
                  
         5.2.8 Elaboración e exposición do menú. Toma da comanda. O concursante elaborará un menú a partir das pautas de situación que lle indique o xurado e cunha carta de restaurante, viños, cafés, licores, destilados e puros que lle será facilitada pola organización coa comunicación da súa selección para participar no campionato.

O concursante elaborara un menú completo, segundo as pautas marcadas polo Xurado nas que se terá en conta o tipo de almorzo (negocios, ocio...) e a época do ano (primavera, outono...).

       Para a elaboración e exposición do Menú, a Organización aportará un dossier (Carta/Minuta) que será  enviado con antelación a cada participante

§     Carta de Restaurante (primeros, segundos e postres)
§     Carta de Viños
§     Carta de Cafés
§     Carta de Licores e Destilados
Para a confección do menú, deberán aparecer obrigatoriamente referencias destas 4 cartas. A elección de ditas referencias deberá ser argumentada oralmente, contestando a  todas as preguntas que formule o Xurado os participantes.
        
         5.2.9 Cata de viños, con identificación da procedencia e variedade de uva

5.2.10 Decorar unha mesa de banquete con froitas como elemento obrigatorio.
        
                  O concursante poderá empregar trebellos específicos propios para o
              desenvolvemento das probas (como coitelos,…)

5.2.11. Trinchado e empratado. O participante deberá trinchar, empratar e presentar, para un total de 2 comensais e ante o Xurado, unha peza de peixe e/ou   de carne con súas guarnicións correspondentes. O participante será informado, previamente, do tipo de produtos que conforman a proba, en base os acordos con patrocinadores. A Organización dispoñerá dun cociñeiro que elaborará a peza enteira de carne ou peixe.

O participante deberá aportar os utensilios necesarios para a realización desta proba, excluíndo os materiais facilitados pola Organización (artigo 5.2.3).

5.2.12  Servizo de Café.  Esta proba consistirá na realización de un  Café Espresso e/ou un Café Cappuccino

A Organización aportará produto e vaixela, pero non os utensilios necesarios para súa realización.
                  

Artigo 6. XURADO:
O xurado estará composto por profesionais e expertos no servizo de sala, de recoñecido e contrastado prestixio e experiencia.

6.1 A organización designará un Xurado interno, que medirá os tempos de cada proba e velará pola correcta actuación de todos os participantes.
        
6.2 Non se tomarán en consideración a puntuación máis alta e a máis baixa de cada membro do Xurado.

6.3 O primeiro, segundo e terceiro premio serán adxudicados os participantes que obteñan maior puntuación na suma das seis probas.

Artigo 7.- PREMIOS

A entrega de premios terá lugar no marco da entrega dos Premios HG&T-AGAXET, á que os concursantes serán invitados e deberán acudir coa vestimenta profesional.

Contémplanse premios consistentes en medalla e diploma acreditativo para os tres primeiros clasificados (con expresa mención da orde acadada).  O resto dos clasificados recibirán un diploma de participación.

Ademais, o Campión (ou seguintes clasificados que o poidan representar) a inscrición para Campeonato de España de Jefes de Sala, que contempla tamén o aloxamento do Candidato (en réxime de aloxamento en habitación individual e almorzo durante un máximo de 3 días en Madrid)

Artigo 9.CARTA DE COMPROMISO

Todos os participantes firmarán un documento antes de dar comezo as probas, no que se comprometerán, en caso de ser o gañador do Primeiro Premio, a representar a Galicia no III Campeonato de España de Jefes de Sala que se celebrará no XXVI Salón Internacional do Club de Gourmets.  

Tamén se compromete a ser o Mâitre oficial de XII Campionato Galego de Cociñeiros, así como do VII Campionato Galego de Xefes de Sala.

Ademais, de resultar gañador do Campionato Nacional, tamén se comprometerá a ser o representante español en la Copa Georges Baptiste (2013), en caso de que se celebre na ‘Categoría para Profesionais’.

Artigo 10.- IMPUGNACIÓNS

En caso de litixio, é o reglamento orixinal o que dará fe. Se así non se resolves, se tomará unha decisión inapelable tras deliberación do Jurado. Durante a competición, os membros do Xurado e unicamente elles, poderán, durante unha hora despois da publicación das actas, presentar reclamación ante o Comité Organizador. Transcorrido ese prazo, non se tomará en conta ningunha impugnación.

Artigo 11.- PROMOCIÓN


Os tres primeiros clasificados estarán suxeitos a colaborar en calquera acto promocional do Comité Organizador ata a data de celebración do VII Campionato Galego de Xefes de Sala.
          
Artigo Final.

Calquera participante acepta expresamente o marco desta Convocatoria polo mero feito de concursar. As decisións que adopte o Comité Organizador, sobre todo aquilo que non recollan estas bases, serán inapelables.

A organización resérvase o dereito de interpretar as presentes bases e a habilitación de criterios non especificados, con independencia do Regulamento específico para a proba, de que se dote a Organización.


Pontevedra, 2 de Decembro de 2011

   

O Director do Certame              O Director Técnico
Guillermo Campos                     José Vicente Gómez


VI CAMPIONATO GALEGO DE XEFES DE SALA-MAITRES

DATOS DE INSCRICION

DATOS PERSOAIS
Nome e apelidos:


Data de nacemento:                                                             Lugar:
Enderezo:
C.P.:                    Cidade:                                                     Provincia:
Tel: Móvil:                                 E-mail:

CENTRO DE TRABALLO
Nome do centro:
Enderezo:


Solicito participar no VI Campionato Galego de Xefes de Sala-Maitres

En, ______ a ____ de _____________ de ______


Asdo.____________________


_ Remitir á secretaría técnica, axuntando Curriculum Vitae ou perfil profesional, e unha foto recente por correo electrónico á dirección comunicacion@grupohgt.com ou ó número de fax: 986 847 470

_ Cubrir con letra lexible. Antes de asinar, debe coñecerse o regulamento do certame.  
   Solicíteo á secretaría técnica ou copie e pegue  dende 'DATOS DATOS DE INSCRICION' nun documento word ou similar.
                                                                                                                                                                     

O asinante declara  que os datos expresados se corresponden coa realidade. Asimesmo, aos efectos do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), o asinante autoriza o tratamento dos datos persoais incorporados na la solicitude e en outros documentos normalizados relativos a acción formativa



C.P.:                    Cidade:                                                     Provincia:
Tel: Móvil:                                 E-mail: