Valença organiza un Passeio Micolóxico

Os amantes da micoloxía teñen unha cita, este sábado, no municipio portugués de Valença do Minho. O seu alcalde, Jorge Salgueiro, convida aos galegos a participaren no Passeio Micológico, que percorrerá unha distancia de 13 kilómetros, “unha experiencia enriquecedora para potenciar o turismo activo e de natureza no que Valença presenta un gran potencial”, sinala.

O punto de partida será o Portão do Crasto, ás 9.00 horas (hora lusa) e percorreranse as freguesías de Friestas, Verdoejo, Ganfei, Valença, Cristelo Covo, Arão e São Pedro da Torre. A saída ao campo completarase cunha degustación de cogumelos silvestres.