O chocolate vólvese arte esta fin de semana en Valença do Minho. “Valença Fortaleza de Chocolate” é un programa de actividades que se desenvolverá o sábado e o domingo e na que se poderán ver esculturas de chocolate, haberá mostra e venda de produtos, workshops e concertos. As actividades terán lugar en horario de 10.00 a 18.00 horas o sábado e de 14.00 a 18.00 horas o domingo.Unha das actividades máis espectaculares será a confección dunha escultura de chocolate de 1,70 metros de alto. O seu creador será Paulo Santos, que tamén desenvolverá diversos workshops sobre bombóns de chocolate. Tamén colaborarán varias escolas profesionais de Hostalería do norte de Portugal.