Taller de cociña do Nadal no CSHG

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) celebra mañán sábado, 17 de decembro, un taller de cociña moi especial que leva por nome ‘Sorprende este Nadal coa cociña creativa’. Neste obradoiro, os participantes aprenderán a cociñar pratos alternativos aos menús habituais que se presentan na noiteboa e no Nadal.

Durante a clase, que comezará ás 10,30 horas da mañá e terá unha duración de tres horas, Marián Rodríguez explicará como se elaboran os seguintes pratos: falsos raviolis de bogavante con salsa americana; pastel de bacallau con pemento; coliflor e espuma de allada; rissotto de lagostinos con grelos e caviar de ourizo de mar, e uns crepes crocantes recheos de xeado de turrón con guirlache e toffee.

Para asistir ao curso, non é preciso que os participantes conten con coñecementos previos. Os alumnos recibirán un libro coas receitas e poderán degustar cada un dos pratos elaborados durante a xornada.