Terra de Melide, Bama e Moeche foron as tres marcas premiados da D.O.P. Queixo-Tetilla na XIV Cata do Queixos e X Cata dos Meles de Galicia; na D.O.P. Arzúa-Ulloa o podium quedou conformaado por Pazo Anzuxao, Bama e Moeche; Don Crisanto, Prestes e Fondellas foron os premiados pola D.O.P San Simón da Costa, mentras que Castelo foi o premiado pola D.O.P. Queixo do Crebreiro. As meles premiadas foron Veiga Florida, Condado Paradanta e O Trobro Mel do Valadouro.
“O queixo e o mel son dúas das referencias máis enxebres do medio rural galego” que teñen unha “dimensión económica que convén destacar”. Así o salientou o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, na súa intervención durante a entrega de premios da Cata dos queixos e dos Meles de Galicia, acto que tivo lugar no Hotel Carlos 96, en Melide (A Coruña) baixo a presidencia do xefe do Executivo Galego, Alberto Núñez Feijóo.