Premio para Valtea e Marqués de Vizhoja, co deporte

O pasado venres, Valtea-Finca Garabato-Cepas Viejas recibiu a Medalla de Ouro de Radio Turismo nos locais de Lavinia (a máis prestixiosa tenda especializada en viño) de Madrid. Asimesmo, a próxima semana será entregada, no Pazo de Vilaboa da Coruña, a Medalla de Ouro a Valtea. Estes últimos galardóns súmanse aos 99 puntos concedidos pola Asociación Galega de Catadores e a Distinción Gallaecia outorgada pola asociación do mesmo nome.

Por outra banda, a adega Marqués de Vizhoja vén de asinar un convenio de patrocinio deportivo co triple campión do mundo de C1 sub-23 Manuel Garrido (foto). O piragüista do Club Kayak Tudense amosouse moi agradecido polo apoio da adega pois supón un respaldo “importante” para continuar a súa actividade deportiva e poder lograr así novos títulos.


Finalmente, Hijos de Rivera celebrou un acto multitudinario de ofrenda ao Apóstolo refrendando o apoio que vén amosando ao proceso de restauración da Catedral de Santiago. O acto incluiu a presentación do proxecto "Ponte da Boga Expresión Histórica", unha serie limitada de 800 caixas de elaboracións únicas anuais.