A Asociación da Ruta do Viño de Monterrei, en colaboración co Concello de Verín e o CRDO Monterrei, elaborou unha serie de paquetes especiais de enoturismo para a ponte da Constitución que inclúen paseos por viñedos, visitas a adegas, degustacións, visitas ao patrimonio da zona, etc. Se se quere só aloxamento, existen ata tres posibilidades denominadas “Escapada enolóxica a Monterrei”, “Enoturismo na Aldea Rural A Cortiña” e “Fin de semana enoturístico en Paradores”.
No tocante ás actividades en adegas da DO Monterrei, atopamos, por exemplo, a “Semana do Mexillón e do Viño en Terra do Gargalo”. En canto á sección “Enoturismo para gourmets”, atopamos actividades nos restaurantes Brasil, Gallego, Lugano e O Candil. Se os turistas buscan algo máis que viño, apúntanse actividades como un achegamento ao parque do Invernadoiro ou visitas ao Castelo de Monterrei, entre outros.