A Consellería de Cultura e Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, vén de editar o segundo número de Ad Limina, a revista de investigación do Camiño de Santiago e as peregrinacións. Esta publicación, que naceu con motivo da celebración do Xacobeo 2010, ten como obxectivo fomentar a investigación xacobea no maior número de áreas posibles e abrir novas vías para a definición de liñas de estudo non abordadas ata o momento.
Ad Limina é unha publicación científica plurilingüe aberta aos estudos do Camiño de Santiago e, por extensión, a todo o fenómeno das peregrinacións. A revista posúe unha clara vocación interdisciplinar e internacional que lle permite dirixirse a un amplo espectro de investigadores de calquera nacionalidade e naceu co firme empeño de asegurar o futuro das investigacións xacobeas.