O Fórum de Santiago xa ten o 90% do espazo vendido

O Fórum Gastronómico Santiago 2012 está a espertar un grande interese no sector agroalimentario. Acredítao o feito de que, a estas alturas, xa ten o 90% do espazo feiral vendido. De feito, os organizadores sosteñen que, de seguir o ritmo de vendas actual, poderíase ampliar o espazo de exposición.

Esta terceira edición en Santiago do Fórum –que se celebrará do 26 ao 28 de febreiro de 2012- contará, xa que logo, con numerosas empresas de alimentación e bebidas así como tamén de servizos auxiliares, maquinaria e equipamento para hostalería, vestiario profesional ou publicacións especializadas.