O Diario Oficial de Galicia publica a delimitación do Camiño Francés, aprobada o pasado día 1 polo Consello da Xunta. O decreto delimita a ruta desde Pedrafita do Cebreiro ata o concello de O Pino, ao paso dun total de 11 municipios. No caso de Santiago, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural iniciou un estudo específico para analizar de xeito integral a incidencia neste termo municipal das diferentes rutas xacobeas, coa intención de avanzar nunha delimitación conxunta.
A este respecto, a Xunta anuncia que Cultura e Turismo acometerá a recuperación dos tramos agora definidos que poidan estar en desuso e actualizará a sinalización das trazas identificadas oficialmente. Elaboraranse unhas instrucións básicas de ordenación e deseño para que as intervencións nos ámbitos do Camiño garantan a súa conservación.
A Xunta considera que a aprobación da delimitación definitiva do Camiño Francés permitirá incrementar a valoración da Ruta Xacobea como elemento vertebrador do territorio e da paraxe histórica e servirá para impulsar a súa relevancia histórica.