O acto de presentación de dito acordo contou coa presenza, entre outros, do conselleiro de Cultura e Turismo. Roberto Varela subliñou o “profundo contido cultural e turístico que habita neste acordo”, que supón “un irmandamento entre Verín e Lalín, dous sobranceiros concellos da xeografía galega, e un acto de maridaxe entre dous tesouros da nosa gastronomía”.
Varela engadiu que este acordo supón “compartir, colaborar e unir esforzos na mesma dirección”, algo que definiu como “clave” para superar o momento de dificultades que se atravesa a nivel global. “Facelo, ademais, dende o respecto á nosa cultura, aos nosos costumes e aos nosos produtos é unha garantía de éxito”, recalcou.