Nutricosmética, novas oportunidades de negocio

O Clúster Alimentario de Galicia e a AIT Termal de Galicia organizan este mércores a xornada “Nutricosmética, novas oportunidades de negocio”. O encontro, que se celebrará na Casa da Auga da Coruña, analizará novos modelos de negocio baseados en produtos e servizos relacionados co coidado corporal, a saúde e o benestar.

Abrirá a xornada, que comezará ás 17.00 horas, o director de Termaria, Claudio Orjales. A continuación, celebrarase unha mesa redonda na que intervirá, entre outros, o secretario xeral da AIT Termal, Benigno Amor. Outros ponentes da xornada serán o director técnico de Clusaga, Roberto Alonso, e o xerente de Iubenor Lab, Juan Velasco. Tamén haberá un debate sobre o tema “Propiedades de produtos alimentarios e bebidas, aplicación en nutriterapia”, coa presenza de Sofía Vilanova, responsable de Calidade de Martín Códax; Estela Barbeito, responsable da Aula de Cociña de Portomuiños; e Alejandro Martínez, director de Condado-Paradanta.