As cifras amosan unha ocupación hotelera en Santiago de Compostela de arredor do 20 e 30% para toda a ponte, que se inicia o día 2 de decembro e remata o día 11, con picos de ata o 40% nos días de máis ocupación. Este ano os hostaleiros terán que lidar cunha ponte de decembro atípica onde os festivos cadran a martes e a xoves, o que complicará que os visitantes poidan dispor de toda unha semana de vacacións. Estes datos supoñen unha caída moi significativa con respecto aos recollidos da ponte de 2010, onde estaban entre o 80 e o 90%, aínda que despois estas previsións se viron afectadas negativamente pola folga dos controladores.
Estes datos negativos contrastan co enorme potencial de Santiago de Compostela, a cidade galega co maior grao de especialización turística, e da oferta turística doutras zonas de Galicia no eido do turismo internacional. Segundo Hostelería de Compostela "só coa potenciación do turismo internacional estaremos en condicións de desestacionalizar o turismo, dinamizar outros sectores da economía coma o comercio, a industria, o sector primario, a cultura, o ocio, e conseguir que o sector turístico sexa o protagonista da recuperación económica de Galicia".

Nestes momentos complicados convén non esquecer que cada euro que se inviste en turismo xera un retorno de máis de 50 euros para toda a economía, polo que o sector empresarial privado quere poñer unha vez máis todo o seu coñecemento e experiencia ao servizo dos decisores públicos para que o turismo poida liderar a recuperación económica de Galicia, grazas ao seu enorme potencial de desenvolvemento e internacionalización.