Esta tarde celébrase a entrega de premios da X Cata de Meles e a XIV Cata de Queixos de Galicia. O acto terá lugar a partir das 19.30 horas no Hotel Carlos 96 de Melide (A Coruña). En total, participaron na selección 21 meles de 16 industrias envasadoras e 56 queixos pertencentes a 39 empresas.
No caso dos meles, competirán polas Distincións de Ouro, Prata e Bronce nas categorías Monoflorais e Multiflorais. Ademais, a cada un dos seis finalistas tamén se lles fará entrega dun diploma acreditativo e ás industrias envasadoras premiadas entregaráselles un trofeo que identifique o posto acadado. No caso dos queixos, a organización outorgará un trofeo aos tres queixos mellor puntuados das distintas denominacións de orixe.