Hostelería Compostela pide a demisión de Cañete polas súas “prácticas irregulares” á fronte de Cehosga
A asociación Hostelería Compostela acusa ao presidente de Cehosga, Héctor Cañete, de “falsear” os datos de ocupación dos establecementos galegos durante a ponte da Constitución e de estar realizando “prácticas irregulares” na Confederación, empregándoa de forma “interesada”. Por todo elo, os empresarios composteláns piden a demisión de Cañete.O voceiro do colectivo, Aser Álvarez, asegura que existen “máis de 20 puntos de desfase” entre os datos de ocupación feitos públicos por Cehosga e os recabados por Hostelería Compostela, que foron “contrastados” coas asociacións que pertencen á patronal. Por iso pregúntase que fontes empregou Cañete para elaborar as súas estatísticas. De feito, Álvarez acusa ao presidente de Cehosga de “falsear a realidade” e de ofrecer un balance “antes de que os propios directores tivesen os datos”.
Aser Álvarez insiste en que este feito súmase a outra serie de actuacións “irregulares” de Cañete á fronte de Cehosga. De feito, acúsao de realizar un “uso interesado” da institución, de proporcionar “datos falsos” e de crear “unha imaxe distorsionada da realidade”.
Os hostaleiros composteláns anuncian que se reunirán con outras asociacións adheridas a Cehosga para tratar o tema e non descartan crear “unha estrutura alternativa” á patronal.