Feuga organiza unha nova edición das xornadas Winetech

A Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) e o Ingacal organizan o IV Evento Interrexional Winetech, en colaboración cos consellos reguladores do viño galegos. Cunha duración de dous días, o evento está dirixido a viticultores, adegueiros, técnicos, investigadores e todos aqueles axentes involucrados no sector. O lema desta edición é “Novas tecnoloxías en viticultura e elaboración do viño”.

As ponencias comezan este xoves coa intervención da directora xeral do Ingacal, Alejandra Álvarez de Mon, e o director de Feuga, Javier Pereiro, e desenvolveranse no Auditorio da fundación, sito no campus sur compostelán. Entre os expertos de intervirán neste encontro atópanse Michel Moutounet, investigador de Montpellier, ou Alain Carbonneau, profesor de viticultura e presidente de Giesco.