Feuga clausura Winetech cunha ponencia de Carmen Pardo

A Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) e o Ingacal clausuran este venres na Cidade da Cultura a IV edición de Winetech. Será a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, a encargada de pórlle fin a estes encontros, e farao coa ponencia “A enogastronomía como recurso turístico de Galicia”.

Na xornada do xoves, o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, manifestou a importancia do sector vitivinícola como complemento de moitas rendas do medio rural galego e como peza clave no complexo agroalimentario da nosa Comunidade. Lembrou, nese sentido, que en 2010 superou os 150 millóns de euros de facturación e deu emprego a máis de 1.000 traballadores.