A Feira Ecolóxica reverdece e volve a Arzúa un ano máis

O mercado ecolóxico máis grande de Galicia volve un ano máis a Arzúa coa Feira Ecolóxica, que se celebrará os días 17 e 18 de decembro. Produtores e produtoras locais, outros chegados de diversas partes do Estado e ata do Brasil integrarán os preto de 50 stands da Feira. E coma todos os anos, música, teatro, conferencias, proxeccións e actividades para o público infantil completarán o programa.

O evento, que se presenta este martes en Arzúa, está organizado e co-financiado polo Concello de Arzúa, financiado pola Deputación da Coruña e xestionado por Coperactiva Cultural.