Ao longo deste mes de nadal e de xaneiro, queda aberto o prazo para recibir, na redacción de HG&T, as propostas para optantes a distinción, e reuniranse os diferentes xurados para a avaliación para os premios HG&T-Agaxet que han ser fallados para a súa entrega na Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, prevista para primeiros de marzo, como na edición anterior.
Os prazos están abertos para aquelas propostas de parte, as emitidas por asociacións empresariais, profesionais e demais entes operantes nos eidos da hotelería, a restauración e demais establecementos hostaleiros, os operadores e axencias turísticas, asociacións técnicas, así como o sector proveedor de servizos, equipamentos e despensa hostaleiro-turística, isto é, fabricantes, deseñadores, materializadores de proxectos, adegueiros e demais producións alimentarias, tamén o mundo do deseño, a promoción e publicidade e, por suposto, os protagonistas das iniciativas que contribúan ao maior prestixio das profesións intersectoriais, a investigación, formación, o marketing, etc. Cociñeiros e prato do ano, sumiller, produto... conforman un dos agrupamentos máis esperados, así como as campañas de promoción turística.
Os premios, como se recordará, teñen dous estadios: as nominación equivalentes a mellores ou destacados no ano, que son os Pergameos de recoñecemento (xeralmente tres por modalidade) que se conceden por votación e representación intersectorial, e as medallas "Dagda", que outorga exclusivamente o xurado de xornalistas da Agaxet, un xeito de "distición da crítica", para o que é imprescindible ter sido distiguido co premio da nominación na sección correspondente.
A revista, que ten voz pero non voto das outras dúas categorías de premios, resérvase unha nominación especial, directamente decidida pola redacción. Para o outorgamento das Nominacións e das "Dagda", han mediar, cando menos, sendas fases de escrutinio, a primeira con pronunciamentos abertos por parte dos membros do xurado, a última en rigoroso segredo, de xeito que o pronunciamento gárdase baixo control notarial.
Na edición anterior dos premios HG&T-Agaxet, outorgáranse pora as seguintes modalidades: Promoción e Conservación do Patrimonio; I+D e Formación, Oferta de Equipamentos; Produto do ano; Accións de Promoción; Prato do ano; Proxectos Empresariais e Promocionais; e Divulgación e Imaxe Intersectorial. Na páxina 38 inclúese o cupón de votación -recibimos ao longo destes meses, propostas dos lectores para todas esas modalidades, agora tocan as "técnicas"- pero en todo caso o asociacionismo e as entidades empresariais, institucionais e profesionais poden remitir súa proposta á dirección de HG&T, antes do 29 de Nadal.
Poden remitir o cupón ou as súas propostas o e-mail redaccion@grupohgt.com ou o número de fax 986 847 470
Poden remitir o cupón ou as súas propostas o e-mail redaccion@grupohgt.com ou o número de fax 986 847 470
