A Colección de Cociña Infantil e Familiar da editorial galega Ouvirmos pasou a primeira selección para optar aos Gourmand Best in the World, os premios internacionais máis importantes da literatura gastronómica, que se entregan no marco da feira París Cookbook.Os libros desta colección foron elixidos na categoría “Best Easy Recipes” (Mellores receitas sinxelas). O gañador de cada categoría competirá contra os gañadores doutros países do mundo. O premio fallarase o 6 de marzo de 2012 na capital francesa.