Centro Superior de Hostelería de Galicia, non meneallo

O voceiro de Educación do Grupo Popular, Román Rodríguez, garantíu no Parlamento galego “a aposta do Partido Popular polo actual modelo formativo da Escola Superior de Hostalería de Galicia” e rexeitou as propostas de modificación “deste exitoso centro que queren introducir tanto socialistas e nacionalistas” a través da posta en marcha dun Centro Culinario de Galicia.


Román Rodríguez sinalou que a Escola Superior de Hostalería de Galicia “é un centro de referencia a nivel mundial, cun altísimo prestixio e calidade formativa, o que permite aos seus estudantes dispor dun alto índice de colocación no mercado laboral”.