A nova edición especial de Cabreiroá en homenaxe a Rosalía de Castro xa se pode adquirir a través da páxina web da empresa. Trátase dunha serie conmemorativa do 175 aniversario do nacemento da escritora, que se conmemora en 2012.A botella é de formato litro e medio e ten un atractivo deseño estilo pop-art co rostro de Rosalía en cores vivas e un lema representativo da súa filosofía como artista extraído dos seus poemas: “Infeliz el que vive sin soñar”. Esta “xoia” en forma de botella vén acompañada dun marcapáxinas.