A Consellería de Cultura e Turismo levou ao concello de Allariz (Ourense) a exposición “O camiño real de Castela a Santiago por Ourense”, base do camiño de peregrinación Vía da Prata. A mostra pretende dar a coñecer de forma gráfica a realidade histórica desta ruta, unha das máis importantes infraestruturas territoriais de Galicia, o proceso histórico da súa formación e transformación e a importancia do seu valor patrimonial.
A exposición está composta por 33 paneis informativos que mostran o trazado da vía a través de planimetría antiga e o patrimonio asociado a través de numerosas fotografías.
Desde o mes de outubro, a mostra itinera por diversos concellos da provincia de Ourense por onde transcorre o Camiño Real, como Verín, Xinzo, Allariz ou Cea.