Agaxet pecha o Ano Cunqueiro cun simposio literario-gastronómico

Cúmprese a vixésima convocatoria anual do Xantar Cunqueirán, evento co que dende 1991 se lembra a figura e obra de Álvaro Cunqueiro. Este ano, ao coincidir co centenario do nacemento do autor, a degustación complétase cun simposio no que colaboran Agaxet, a Irmandade dos Viños Galegos, a Academia Galega de Gastronomía e Paradores.

O encontro, que foi presentado este mércores (foto) terá lugar o vindeiro día 28 no Parador compostelán co seguinte cronograma:
11.00h. Recepción e entrega de reserva de escano-diploma de asistencia (unha vez empezado o Simposio. Introito coa degustación de Caldo de Pombo
11.30h. Inicio do Simposio Cunqueiro Gastrónomo: séus gustos (auditorio do HRC). Comunicacións presentadas por voceiros das confrarías co-participantes, e outras testemuñas directas.
13.30h. Aperitivo: Champagne e filloa de sangue (salgada).
14.15h. 20º Xantar Cunqueirán (salón real do HRC).
17.15h. Café-coloquio aberto ós reunidos. Incorporación dos dous chefs oficiantes.

O traslado da xuntanza a Santiago e ao Hostal só é físico. Chef Rivera volverá oficiar o menú cinexético, coma sempre, mentres que o xefe de cociña do Parador, José Gómez, encargarase dos restantes bocados, ata preto das dúas decenas.