A Xunta de Galicia vén de recibir as obras de restauración da Fachada da Acibechería da Catedral de Santiago, enmarcadas dentro do Plan Director da Catedral redactado pola Consellería de Cultura e Turismo e o Cabido Catedralicio. Esta actuación, que contou cun orzamento total de 150.000 euros, incluíu traballos sobre as fábricas da fachada norte co obxectivo de repoñer a súa imaxe auténtica.Tras a recepción das obras por parte da Xunta de Galicia, estas se entregan agora ao Cabido Catedralicio que, como propietario, asume a responsabilidade sobre o seu mantemento.Os traballos de protección, restauración e conservación da Catedral de Santiago constituíron unha prioridade para a Consellería de Cultura e Turismo na conmemoración do Oitavo Centenario da Consagración da basílica compostelá. En total, a Xunta destinou en 2011 preto de 800.000 para a rehabilitación da Catedral de Santiago, declarada Ben de Interese Cultural en 1896. Esta partida engloba as intervencións de emerxencia nas torres e cubertas do entorno do Pórtico da Gloria, executadas pola Consellería de Cultura e Turismo para eliminar as humidades que afectan ao grupo escultórico policromado e que foron terminadas o pasado mes de novembro. Do mesmo xeito, a Xunta de Galicia está a completar a restauración da Torre do Reloxo, intervención que será rematada antes de finais de ano.