Hoxe celébrase o Día Mundial da Calidade, unha data que ten como obxectivo aumentar a concienciación sobre a importancia deste concepto a todos os niveis, e tamén ao turístico. A este respecto, a Secretaría Xeral para o Turismo avanza que ao peche deste ano agárdase contar con cincuenta novas certificacións Q de Calidade para outros tantos establecementos galegos. En xaneiro de 2012 farase entrega dos diplomas acreditativos ás empresas que teñan acadado esta certificación ao longo do presente ano.Galicia é a comunidade autónoma líder en canto ao número de establecementos que ostentan esta marca. En total, posúena 56 aloxamentos rurais, 6 balnearios e 5 instalacións náutico-deportivas. Ademais, é a segunda comunidade en número de axencias de viaxes con Q, un total de 50, e a cuarta en canto aos hoteis, cun total de 42.