O Concello de Vilagarcía e a estación de hidrobioloxía do río do Con colaborarán para potenciar a contorna do encoro de Castroagudín, nun proxecto que contará co apoio da Consellería de Medio Ambiente. Un dos proxectos que poderían levarse adiante sería a creación dun centro de interpretación, que se podería instalar na antiga escola unitaria de Castroagudín. Neste centro exporíase ao público o innumerable material documental e gráfico que posúe a estación.
Tamén se prevé mellorar os accesos a este espazo natural e crear rutas de sendeirismo que contribúan á posta en valor da contorna.
Tamén se prevé mellorar os accesos a este espazo natural e crear rutas de sendeirismo que contribúan á posta en valor da contorna.