Solta de alevíns de salmón no Lérez

A Consellería do Medio Rural aposta pola recuperación e posta en valor do salmón atlántico nos ríos galegos. Na provincia de Pontevedra -xunto coa de Lugo– concéntranse as poboacións máis importantes dentro da nosa Comunidade. Así o salientou o conselleiro Samuel Juárez na solta de 5.000 alevíns desta especie no río Lérez ao seu paso polo termo municipal de Campo Lameiro.

O titular de Medio Rural destacou a importancia da recuperación do salmón atlántico en Galicia en xeral e de xeito particular no Lérez, e explicou que entre 1997 e 2009 soltáronse neste río un total de 850.000 xuvenís desta especie.