Os viños do Ribeiro Sameirás 1040 de Antonio Cajide Gulín e Val de Nairoa de Nairoa conseguen a medalla de ouro do Concurso dos Mellores Viños Españois para Asia, un mérito co que o xurado distingue a tres brancos en España nesta edición dos premios. Do mesmo xeito os viños da D.O. Ribeiro foron premiados con dúas medallas de prata concedidas a Sameirás branco e Sameirás tinto; así como unha medalla de bronce ao viño branco Alberte.Deste xeito o Ribeiro posiciónase como a Denominación de Orixe mellor valorada en brancos neste certame, no que participaron 327 viños procedentes das distintas rexións e denominacións de orixe españolas. A terceira edición do Concurso dos Mellores Viños Españois para Asia celebrouse no hotel Causeway Bay de Hong Kong, participando como xurado un grupo de 47 catadores asiáticos do mundo da sumillería, importación, distribución e do xornalismo.