A editorial Ouvirmos edita unha interesante colección de libros de cociña infantil e familiar cargada de propostas divertidas e innovadoras. Os primeiros títulos son “Bocadillos e Sándwiches” e “Sobremesas”, pero a colección completarase nos próximos meses con outros oito libros dedicados á pasta e pizzas, festas, arroz, peixes, chocolates e xeados, carnes, internacional e zumes e combinados.Cada volume inclúe 20 receitas realizadas con ingredientes básicos, explicadas paso a paso dunha forma sinxela polos profesores titulados de Hostalería Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro, e fotografadas por Tono Arias.