O Museo do Mar ten nova directora

A Fundación Museo do Mar de Galicia vén de aprobar o nomeamento como nova directora do centro da pontevedresa Marta Lucio Gómez, que atesoura unha ampla experiencia no ámbito da xestión cultural. Nacida en Meis, Marta Lucio é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, nas especialidades Historia da Arte. Arte Antiga e Medieval e Historia da Arte. Museoloxía.

Cunha ampla experiencia profesional, Marta Lucio é na actualidade funcionaria adscrita ao Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra, co cargo de coordinación da área de xestión cultural que elabora a programación cultural anual da institución. Na súa traxectoria, ademais, desempeñou labores de comisariado e asesoramento técnico de diversas exposicións.