A Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia traballa a prol da produción diferenciada e aposta decididamente pola calidade do produto. Nese sentido, elaborou un estudo, co apoio de varios organismos públicos, baixo o título “Posta en valor do mel de Galicia: Etiquetado nutricional”.O estudo, elaborado con preto de duascentas mostras de mel recollidas ao longo de tres anos, pretende poñer de manifesto (a través da etiquetaxe nutricional) a calidade e as especiais características do Mel de Galicia. Con este etiquetado, facilitaráselle ao consumidor o contido en vitaminas, azucres e antioxidantes dun produto 100% natural e ecolóxico como é o Mel de Galicia.
Neste estudo avaliouse tamén a composición en substancias de recoñecida actividade biolóxica, coma o contido en fenois totais e flavonoides, o índice de oxidación e a actividade antioxidante do mel. Na presentación do informe, o conselleiro, Samuel Juárez, destacou o traballo realizado pola IXP a prol da produción diferenciada da mel galega.