O CSHG celebra o primeiro encontro de antigos alumnos

O vindeiro sábado, o Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) celebra o primeiro encontro de antigos alumnos, un acto organizado polo Club de Antiguos Alumnos e o CSHG. Trátase do primeiro evento destas características que terá lugar en Santiago e incluirá varias actividades lúdicas como unha cata de chocolates e outra de aceites.
A apertura do acto correrá a cargo da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, que impartirá unha conferencia sobre o futuro das profesións hostaleiras.

A entrada é libre ata completar o aforamento, para todos os profesionais do turismo que se queiran achegar ao centro de referencia na formación de profesionais vencellados coa hostalería en Galicia. Os interesados en asistir, deben confirmar asistencia no teléfono 981 542 519 ou no correo
info@cshg.es.