Medio Rural coa castaña galega

A Consellería do Medio Rural está a apoiar á Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia na valorización deste produto, tanto desde o punto de vista económico como social. Así o puxo de manifesto o conselleiro, Samuel Juárez, na súa visita á feira da Castaña e o Cogumelo de Riós. O seu departamento está a colaborar nun proxecto de investigación a desenvolver pola IXP, que ten como obxectivo principal elixir as variedades de castaña interesantes para asar e cocer, seleccionar os polinizadores destas castes e acadar a súa adaptabilidade en diferentes zonas do ámbito xeográfico desta IXP.

Para a elección das variedades considérase a experiencia das empresas comercializadoras e a caracterización varietal realizada en Galicia.