Hostelería Compostela prepara novas accións formativas

A asociación de hosteleiros de Santiago, Hostelería Compostela, prepara novos cursos de formación que comezarán en breve. Súmanse así aos de Inglés para Hostalería e Turismo e de Cociña de Hortalizas e Legumes que comezaron este luns.

Así, o mércores iníciase un novo curso, que se prolongará ata o día 21, baixo o epígrafe “Técnicas de Servizo en Restaurante-Bar”. Ten 34 horas de duración e dispón dun total de 15 prazas. Máis avanzado o mes de novembro terán lugar dous novos cursos. O primeiro deles, de Protocolo en Restauración (do 22 de novembro ao 2 de decembro), mentres que o segundo leva por título “Cociñar con chocolate” e prolongarase dende o 28 de novembro ao 2 de decembro. Nos tres casos, as clases desenvólvense de luns a venres, en horario de tarde, no Centro de Formación e Cultura de Hostelería Compostela. (Foto da asociación).