A asociación Hostelería Compostela celebrou este mércores o acto de entrega de premios do concurso de microrrelatos convocado en colaboración co Goberno galego. O acto contou coa presenza do responsable de Política Lingüística da Xunta, Anxo Lorenzo. Os relatos galardoados nesta primeira edición do concurso foron da autoría de Ricardo Saavedra, de Ángela Pontes e de Manuel González, que levaron o primeiro, segundo e terceiro premios, respectivamente. O cuarto galardoado foi Jorge Lage, que acadou o premio ao mellor relato gastronómico. Os textos poderanse ser, entre outros medios, na revista que edita a asociación compostelana.Ademais do certame, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación Hostelería Compostela colaboran noutras iniciativas para promover a lingua galega a través do ámbito hostaleiro. Con este obxectivo, teñen en marcha a campaña Xantar Compostela, que leva distribuídos entre os establecementos da asociación máis de 200.000 manteis con xogos e palabras para achegar a lingua galega ao tempo de xantar. (Foto de Hostelería Compostela).