A xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, Carmen Pita, presentará este mércores en México D.F. a oferta gastronómica de Galicia dentro do evento gastronómico Millesime 2011. Esta é a primeira edición de Millesime en México D.F. despois de celebrarse en cinco ocasións en Madrid e outras dúas na República Dominicana e Brasil.Nesta ocasión, a xerente de Turgalicia estará acompañada polos cociñeiros galegos Marcelo Tejedor, Juan Crujeiras, Yayo Daporta (foto) e Xosé Torres Cannas, os tres últimos, galardoados cunha Estrela Michelin en 2011. Os restauradores galegos participarán neste evento gastronómico ofrecendo explicacións, demostracións e showcookings.