Galicia, exemplo europeo na revitalización do litoral

A Unión Europea pon a tres proxectos galegos dos Grupos de Acción Costeira como exemplo para a revitalización do resto do litoral europeo: o proposto polo GAC da Ría de Vigo – A Guarda, que se centra na comercialización de novos produtos derivados do percebe. Así, lanzaron no mercado español percebe natural enlatado e paté de percebe con algas mariñas, para o cal se usa o percebe de menor valor comercial; o promovido pola agrupación das mariscadoras do río Anllóns e proposto polo GAC Costa da Morte, que nun conxunto de actividades dirixidas a aumentar a concienciación sobre a importancia da tradición da recollida de berberechos nesa zona e mellorar a imaxe do produto; e o desenvolvido pola empresa Relento S.L., consiste na ampliación da cetárea de Corrubedo aproveitando as instalacións e a contrucción xa feita tendo en conta a ubicación do proxecto.

Xunta de Galicia aprobou un total de 133 proxectos dos Grupos de Acción Costeira, 52 deles produtivos e 81 non produtivos, por un importe total de 9,4 millóns de euros. Os eixos fundamentais sobre os que se asentan as accións promovidas son a promoción económica -a través da creación de emprego e a diversificación-, o fortalecemento da competitividade do sector pesqueiro -a través da comercialización- e a mellora da contorna natural e da calidade ambiental.