Este domingo celébrase o Día Europeo do Enoturismo, unha boa oportunidade para achegarse a calquera das adegas existentes en Galicia. Algunhas delas teñen preparado un programa de actividades especial, coa intención de dar a coñecer o traballo que realizan durante todo o ano.
Unha delas é Martín Códax quen aproveitará a ocasión para premiar aos seus fans e consumidores habituais. Así, organizou un sorteo a través de Facebook mediante o que premiará a seis persoas cunha visita guiada á adega, realización dun minicurso de iniciación á cata, comida nas instalacións, realización dun circuito de viñoterapia e… unha sorpresa final. Ademais, a adega celebra unha xornada de portas abertas durante a mañá do domingo, con dous turnos de visitas guiadas.

Pazo de Baión adianta un día as celebracións. Así, este sábado a adega abre as súas portas a todos os públicos, que poderán coñecer o escenario no que se rodou un dos capítulos da serie “Spain, on the road again” e revivir a experiencia dos seus protagonistas, entre eles a actriz Gwyneth Paltrow (foto).
Pola súa banda, o albariño Paco & Lola irmánase co establecemento Quinta de San Amaro ofrecendo un aperitivo especial aos visitantes.