O ministro de Fomento, José Blanco, e o alcalde de Lugo, José López Orozco, asinaron hoxe o convenio de colaboración do 1% Cultural para a rehabilitación da ponte romana desta cidade. Con este acordo dase cumprimento ó compromiso do Ministro de Fomento, José Blanco, de financiar a rehabilitación da ponte vella trala posta en servizo da nova ponte sobre o río Miño. O presuposto total da actuación achegarase a un millón de euros, dos que Fomento vai aportar 712.462,5 e o Concello, os 237.487,5 euros restantes.
O viaduto que será obxecto das obras, con tres arcos de directriz circular e oito apuntados, é unha ponte de orixe romana sobre o río Miño, que se construiu probablemente nos séculos I-II d.C, que foi reconstruída na Idade Media e que formaba parte do Camiño Primitivo a Santiago.
Logo da actuación incluída neste convenio, restrinxirase a circulación rodada a un sentido, e únicamente para os residentes na marxe dereita e vehículos de emerxencia.