O Centro Superior de Hostalería de Galicia acolleu esta fin de semana o primeiro encontro de antigos alumnos do centro, que incluíu varias actividades lúdicas como unha cata de chocolates e outra de aceites. Na actualidade, o centro conta con 400 alumnos, futuros directivos hostaleiros e máis de 1.700 antigos alumnos que traballan en establecementos de
Galicia e España, ademais doutros 60 países.
No transcurso do acto púxose de manifesto que 2011 está a ser o ano da verdadeira internacionalización do centro. Como manifestou a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, este 2011 “pechase o círculo da verdadeira internacionalización do CSHG”, xa que foi o ano no que, lembrou, “se iniciaron os programas internacionais cun Título Europeo en Dirección Hoteleira Internacional”. Lembrou que este título impártese grazas a un acordo de colaboración a tres bandas coa Universidad de Brighton, L’École de Savignac e o Centro Superior de Hostalería de Galicia e que “supón unha ocasión única de recibir unha formación para ser líderes na industria hoteleira”.
Galicia e España, ademais doutros 60 países.No transcurso do acto púxose de manifesto que 2011 está a ser o ano da verdadeira internacionalización do centro. Como manifestou a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, este 2011 “pechase o círculo da verdadeira internacionalización do CSHG”, xa que foi o ano no que, lembrou, “se iniciaron os programas internacionais cun Título Europeo en Dirección Hoteleira Internacional”. Lembrou que este título impártese grazas a un acordo de colaboración a tres bandas coa Universidad de Brighton, L’École de Savignac e o Centro Superior de Hostalería de Galicia e que “supón unha ocasión única de recibir unha formación para ser líderes na industria hoteleira”.