Dúas iniciativas lusas

As autoridades da zona norte de Portugal están a apostar claramente polo turismo e a gastronomía dos seus territorios, coa organización de numerosas actividades relacionadas con esta temática, e ás que tamén convidan aos galegos. Dúas das últimas que coñecemos chegan dende Vila Verde e Valença do Minho.

A primeira delas é a segunda edición das Tardes Gulosas, iniciativa integrada na Rota das Colheitas que pretende elevar a pastelaría local á categoría de atractivo turístico. Durante as fins de semana de novembro, diferentes dozarías de Vila Verde e outros concellos veciños ofrecerán as súas máis destacadas elaboracións como reclamo turístico deste territorio porque, segundo sinala Rui Marques, director xeral da UAC, “a Pastelaría Minhota é a mellor do país”.

A outra iniciativa que nos chega do outro lado do Miño é o Concurso de Fotografía que convoca a Cámara Municipal de Valença sobre “O Camiño Portugués da Costa”. Os interesados en participar, poden presentar os seus orixinais ata o 30 de decembro.