A Deputación de Pontevedra dotará ao Museo Provincial dun restaurante

O ambicioso proxecto que a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo no Museo Provincial terá unha guinda gastronómica, da man do restaurante que a institución creará no sexto edificio do complexo cultural. A empresa Dragados será a encargada da construción do novo servizo, cun orzamento algo superior aos 234.000 euros.

Poderase acceder ao novo restaurante dende a rúa Serra e dende o edificio Sarmiento, mediante unha pasarela que comunicará ambos inmobles. A Deputación asumirá con fondos propios a totalidade do importe da obra.