A Deputación de Lugo impulsa as III Xornadas de Micogastronomía

A Deputación de Lugo e a Sociedade Micolóxica Lucus organizan as III Xornadas sobre Micogastronomía de Lugo, que se celebrarán este venres, día 11, e o sábado, día 12, no Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense. Estímase que contarán cuns 200 participantes.

O acto de presentación contou coa presenza do presidente da Asociación Provincial de Hostalería de Lugo. Cheché Real lembrou que o Concello de Lugo “foi o primeiro en poñer en valor os cogomelos coa organización das primeiras xornadas deste tipo na provincia. Tras elas, este produto ten máis forza na hostalería”. Real tamén asegurou que os cogomelos teñen unha gran demanda e fixo unha chamada á prudencia á hora de recoller este froito.

As xornadas están abertas ó público en xeral, especialmente ós profesionais do sector da restauración e afeccionados á micoloxía e gastronomía.