Citas coa gastronomía de outono

Esta fin de semana son moitos os concellos galegos que celebran os tradicionais magostos, nos que a castaña e o viño novo son os protagonistas. Sumamos a estes tres citas gastronómicas noutros tantos municipios. En Riós xa van pola décimo sétima edición da Feira da Castaña e do Cogumelo. Terá lugar o domingo e contará coa tradicional exposición de produtos gastronómicos, coa feira de artesanía e, como non, coa degustación das castañas e os fungos da última colleita. O prezo da comida é de dez euros e inclúe unha ración de empanada, chourizo, carne ao caldeiro, revolto de setas e castañas asadas.

Outra cita gastronómica é a Feira do Mel de Oleiros, que tamén se celebra o domingo. Xa van vintedúas edicións dun evento ao que se agarda que acudan centos de persoas. Haberá mostra de artesanía e olería, actuacións musicais e un magosto popular.

E en Foz a cita é coa raia. Dende o venres, a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da vila promome a Festa da Raia, na que participan 33 establecementos da localidade. As racións, a cinco euros.