A Xunta de Galicia recalca que en reiteradas ocasións ten amosado o seu apoio á estación de Manzaneda, unha infraestrutura que considera “moi importante” para a provincia de Ourense e concretamente para os concellos da contorna. Nese sent¡do, o Goberno galego lembra que ten adoptado unha serie de medidas a favor do futuro da estación, entre elas dous plans de acción financiados pola Secretaría Xeral para o Turismo.Ademais, a Xunta insiste en que coa súa mediación “conseguiuse tamén que Meisa –a empresa que xestiona a estación- puidese solicitar axudas a través das ordes de subvención que a Secretaría Xeral para o Turismo publica con cargo aos fondos Feder”. Tamén lembra que a Xunta “foi o único accionista de Meisa que pagou a parte proporcional das perdas de 2010”.